O pasado 4 de decembro os alumnos de 1º BACHARELATO e 2º da ESO gozamos dunha xornada estupenda no Estadio de Balaídos. Como complemento á materia de Educación Física visitamos o museo do Celta, sentámonos nas bancadas, e mesmo no propio vestiario dos futbolistas. Accedemos ao terreo de xogo a través das escaleiras polas que acceden os xogadores, e soubemos algo máis da historia do noso club.
13 diciembre, 2018






