O día 22 de marzo tivemos a sorte de ter no noso colexio a Fran Alonso.
A poesía é palabra, é maxia é silencio…pero tamén é música; é líquida, está por todas partes, ata na publicidade; a poesía é un globo que se enche de significado; a poesía é un berro de liberdade.
Estas son as definicións que Fran deu da poesía aos alumnos de 2º da ESO, que leron o seu libro Street Poems.
Os alumnos elaboraron un libro como proxecto grupal, no que tiñan que elixir un graffiti e escribir unha poesía que lle suxerise o debuxo, aprenderon a trasladar os seus anhelos e preocupacións ao papel, aprenderon a pensar e a reflexionar.
Uns se decantaron pola poesía social, feminista, medioambiental… Fran Alonso dedicoulles o libro que quedará como recordo na biblioteca do colexio.






