Co gallo da celebración da Semana da Ciencia, o pasado martes profesorado da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, realizou unha charla experimental sobre física (ondas e óptica) para o alumnado de 1° e 2° de Bacharelato. Esta charla acadou un dos premios na pasada edición do certame nacional “Ciencia y Acción”, e os alumnos puideron participar nas experiencias prácticas que ilustraron os seus contidos teóricos.
11 noviembre, 2019






