Un ano máis o noso centro foi invitado a participar como xuíces na sección Andaina dentro do Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade Funcional. Os nosos alumnos tiveron que elixir a curta que máis lles gustou entre as catro que miraron: Adagio, Izan, Lay them straight, la promesa e Inexorable.
Logo de ver as curtametraxes, Sergio González falou da súa propia experiencia persoal, apaixoado do cine, da literatura e do xadrez.
Foi unha experiencia enriquecedora e unha ollada diferente ao mundo no que vive o noso alumnado.






