O mércores 11 de marzo tivemos unha cita con Andaina. Como en anos anteriores nunca defraudan. Tivemos a ocasión de ver uns curtos sobre discapacidade funcional que nos invitan a reflexionar e contemplar a sociedade con outros ollos. Como remate final, Eva Rivas Gómez, profesora de E. Física que padeceu un ictus, contounos como cada día supera obstáculos pero nunca se rinde. O alumnado finalista do concurso Andaina foi o seguinte:
-Antía Aira (1º primaria)
-Claudia García (2º primaria)
-Violeta Araujo (3º primaria)
-Eva Sanmarful (4º primaria)
-Carolina de la Iglesia (5ºprimaria)
-Aleixo Alvárez (6º primaria)






