Estimadas familias:
Como tódolos anos, convócase o prazo de solicitude de axudas de libros de texto, material escolar e fondo de libros.
O prazo de presentación comprende dende o 25 de maio ao 19 de xuño de 2020.
Este ano debido a situación de alerta sanitaria a presentación será preferiblemente de forma telemática a través da plataforma sede.xunta.gal .
Tamén poderá presentarse na Secretaría do Centro , solicitando cita previa no teléfono 986 40 07 62.
Adxuntamos a información completa dos requisitos para solicitar a axuda e os impresos que se poden descargar dende o apartado de Secretaria.
Con respecto a DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO DESTE CURSO, informaremos no seu momento, noutra circular, as datas e o procedemento para levala a cabo. Grazas.






