A pasada fin de semana, os días 25, 26 e 27 de xuño, tivemos a excursión de fin de curso.
Visitamos a Ribeira Sacra, facendo unha ruta en catamarán polo Miño. Pasamos unha tarde na praia fluvial de A Cova, gozamos da paisaxe da praia de As Catedrais, paseamos por Lugo e por Santiago e atravesamos a Serra de Outes para coñecer a fervenza do Ézaro… Foi, sen dúbida, un magnífico peche de curso tan especial e diferente.






