Na visita ó Museo do Mar os alumnos de 2º ESO realizaron unha actividade chamada “Artes de pesca”. Na mesma, achegámonos ao enxeño desenvolvido a través da historia polas xentes que viviron no noso litoral co fin de obter e explotar os diferentes recursos pesqueiros e marisqueiros. Coñecemos mellor o seu traballo cos elementos expostos na sala de Historia da pesca e, para rematar, cada alumno fabricou un aparello de pesca tradicional: unha raña para a captura do polbo.
Despois da actividade fixemos unha visita ó acuario do museo, subimos ó faro para facer unhas fotos e o profesor Luís realizou un breve resumo sobre a historia dos castros en Galicia.






