O pasado 4 de febreiro o alumnado de 4° curso de Primaria do Colegio Vigo, visitou as instalacións da escola de Hípica La Muralla en Redondela. Aínda que o día comezou chuvioso non foi problema para que todos gozásemos dunha xornada marabillosa onde ademais de coñecer curiosidades dos cabalos, axudar a limpalos e peitealos e tomar unha merenda riquísima, puidemos montar aos preciosos ponis Turco e Margarita. O noso agradecemento aos monitores David, Alex e Laura que foron quen de facer este día inesquecible.






