O noso cole recibiu unha visita moi especial o pasado venres 11 de febreiro de tres voluntarias da protectora Os Biosbardos con quen o alumnado de Primaria aprendeu moitísimo sobre a función dunha protectora, as instruccións básicas de como poder adoptar a os canciños e que debemos facer se atopamos un animal perdido, entre outros temas. Grazas a Tati, Alba e Lorena por facer desta mañá unha xornada inesquecible xunto cos peludos Jeff e Liam. Grazas, por suposto, a todo o alumnado e as familias que contribuiron no donativo para os animais que non teñen familia.
15 febrero, 2022






