O alumnado de Primaria asistiu ao X festival Internacional de curtametraxes e diversidade funcional (Ficadaina) no multiusos da Xunqueira onde, despois de ver a película “Valentina” sobre a superación das dificultades, finalizamos a xornada cunha amena charla de Miguel Rebouras, exemplo de superación. Tras sufrir un accidente, está a sacar o mellor partido da súa experiencia vital e deportiva en slalom e kettlebell. Xornada inesquecible, coma sempre.
3 mayo, 2022






