Por segundo ano consecutivo participamos no proxecto Escola en camiño, co que Faro de Vigo promociona o Camiño de Santiago.
Nesta ocasión o noso centro foi doblemente premiado: na categoría de audiovisual cunha montaxe feita coa colaboración do alumnado de 2° ESO e 1° Bacharelato (do curso 2022-2023) que consistía nun vídeo feito con diferentes fotos de distintos tramos do Camiño de Santiago. E un premio por un debuxo feito polo alumno Diego Fernández Bugía.
O acto de entrega de premios celebrouse na Estación Marítima de Vigo e contou coa presenza de distintas personalidades entre as que se atopaba o Presidente da Xunta de Galicia.
Foi unha mañá diferente e moi emotiva…
O premio: unha viaxe a Santiago de Compostela con visita guiada… realmente xenial.
Noraboa a todos polo traballo!






