As alumnas e alumnos de 5° e 6° de primaria achegáronse ata a Comunidade de Augas de Santo André de Cedeira (fundada en 1973) onde lles explicaron como facían antigamente chegar a auga ás casas dos veciños de xeito artesanal. Tamén aprenderon como se fai actualmente todo o proceso de depuración.
Contáronnos que este ano estiveron a piques de pechala por mor da escasez de auga pero, que coa choiva deste mes, puideron encher de novo os depósitos para repartila cos comuneiros e comuneiras.
17 noviembre, 2023






