Este curso o alumnado de Educación Infantil e Primaria participa nas terceiras Xornadas de Superheroínas e Superheroes organizadas pola fundación La Nineta dels Ulls. A misión é dar a coñecer a enfermidade do retinoblastoma e os seus síntomas para conseguir un diagnóstico precoz, así como promover a inclusión de todos os nenos e nenas.
Se queredes colaborar connosco seguídeos en redes sociais e axudarémoslle a difundir o seu traballo!
21 noviembre, 2023






