Como colofón a este mes de Novembro, onde se celebrou Fiestinema, o festival de cine francés organizado polas Alliances Françaises de todo o mundo, o día 28 acudimos co alumnado de 4° da ESO que está a cursar lingua francesa á Alliance Française de Vigo.
Alí explicáronnos a importancia de estudar e traballar noutras linguas e culturas, particularmente o francés, que é unha Alliance Française, de que se encarga … Que son os exames do DELF e do DALF.
Puidemos ver unha curtametraxe en VOS moi divertida e os alumnos participaron en dúas actividades moi entretidas para probar os seus coñecementos sobre Francia, a súa lingua, cultura…
Tivemos dous gañadores…
Unha experiencia moi interesante e positiva.
Salientar a participación e interese do alumnado que agradeceu as atencións de todo o persoal que nos atendeu.
30 noviembre, 2023






