Esta semana celebramos no noso colexio o Día das Escritoras! Este ano escollemos como homenaxeada a unha das nosas autoras galegas máis queridas: Ledicia Costas.
Ao longo de todas as etapas educativas, dende os máis pequenos ata os maiores, gozamos cos seus libros cheos de humor , aventuras e intrigas! Para festexar o seu talento, organizamos diversas actividades: dende creativas manualidades ata murais que decoran os nosos corredoiros.
Un dos momentos máis especiais foi cando o alumnado de 4º de Educación Primaria nos agasallou cunha divertida poesía do seu libro Vampira de biblioteca.
Unha semana chea de letras e imaxinación!






