O pasado venres foi un día moi especial na etapa de Educación Infantil! Recibimos a visita sorpresa de Tina Calixtina, a tartaruga mascota do programa Vexo, Veo Xacobeo.
Tina deixounos unha carta emocionante e un vídeo no que nos invita a mergullarnos no proxecto sobre o Camiño de Santiago.
A pesar de que non puidemos vela foi moi divertido descubrir o seu rastro, seguir as súas pegadas e adiviñar que era ela!
Estamos listos para aprender e explorar xuntos. Grazas, Tina Calixtina!






