Hoxe o alumnado de Educación Infantil e 1° e 2° de Educación Primaria participou no FIC Andaina , un festival internacional que aposta pola inclusión e a diversidade funcional a través do audiovisual.
Tivemos a sorte de desfrutar obra de teatro “As tarefas do fogar entre todos e todas” de Variopinto Animación coa participación de Fundación Igual arte e de “Mi hermano Luca” un curto moi especial sobre a concienciación sobre o autismo , que nos axudaron a comprender mellor a realidade doutras persoas e a valorar a importancia do respecto, a empatía e a diversidade .
Unha experiencia enriquecedora que nos fai medrar por dentro!






