O luns 26 de maio viñeron ao noso colexio dous monitores do @club_taekwondo_omnihum, Yago e David, exalumno do noso cole, e nos deron unha masterclass de Taekwondo aos alumnos de 4° e 1° da ESO e 1° de Bacharelato.
O taekwondo é unha arte marcial de orixe coreana, cuxo nome significa o camiño do pé e da man.
Xurdiu oficialmente en Corea do Sur e non só é unha disciplina de defensa persoal, senón tamén unha práctica que promove a disciplina, o respecto e o control mental.
O noso alumnado gozou moito coa actividade
27 mayo, 2025






