Hoxe, 27 de marzo, o alumnado de 2º da ESO participou no pleno xuvenil do Concello de Redondela. Xunto con outros colexios do municipio, presentamos as nosas propostas de actividades de ocio para a xuventude. Foi unha interesante experiencia para observar de cerca como se organiza un pleno e como os distintos representantes da corporación presentan as súas ideas de mellora para o Concello. As nosas voceiras, María Domínguez e Antía Hermida, realizaron unha excelente exposición, que foi moi aplaudida por todos os participantes.
27 marzo, 2019






