A pasada semana recibimos a visita ao noso cole da escritora Ledicia Costas. Os alumnos e alumnas de 4°, 5° e 6° de Primaria convertéronse por un intre en verdadeiros xornalistas. Ledicia, contestou de forma amena e divertida á gran cantidade de preguntas formuladas sobre algún dos seus libros lidos, tales como Vampira de Biblioteca, A señorita Bubble ou Escarlatina, la cocinera cadáver, entre outros. Unha mañá inesquecible.
28 marzo, 2022






