O día 10 de abril, os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiron a un congreso de valores organizado pola fundación LO QUE NOS MUEVE, que ten entre os seus fins transmitir entre os rapaces testemuñas de persoas que son un exemplo positivo a seguir e que coa súa vida e as súas experiencias amosen outra realidade e potencien o pensamento reflexivo que os mova por dentro.
Nesta ocasión contamos coas vivencias de tres persoas dignas de eloxio, Víctor Tasende, Eva Moral e Antonio Pampliega.
Víctor sufriu unha tetraplexia incompleta da que se recuperou e agora corre en probas extremas. Eva non tivo tanta sorte, despois dun grave accidente de bicicleta, quedou parapléxica pero o seu espírito loitador levouna xa a ser campiona de paratriatlón e, por último, Pampliega, periodista que vén de presentar o seu programa de televisión en Cuatro TV Pasaporte Pampliega e contounos experiencias vividas en Afganistán, Siria e O Congo.
Foron experiencias conmovedoras, realmente impactantes, penso que foi unha ocasión magnífica para que o alumnado valorase o que ten, e os problemas que existen noutras partes do mundo






