Os nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria sacaron a relucir ás súas dotes artísticas e deseñaron as posibles mascotas da biblioteca escolar para este curso. Trala votación realizada durante a xornada de hoxe, o alumnado de ambas etapas elixiu oficialmente a nova mascota.
Grazas a todos pola vosa participación e entusiasmo neste proceso!






