O alumnado de 5º de Primaria recibiu hoxe unha interesante charla sobre educación emocional, na que aprenderon a identificar, expresar e xestionar as súas emocións dun xeito positivo
A través de dinámicas participativas e exemplos próximos, reflexionaron sobre a importancia da empatía, o respecto e o benestar emocional no día a día. Sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora para seguir medrando por dentro e por fóra






