Excursión Cine Submarino 1º e 2 º da E.S.O.

28 noviembre, 2016

O día 25 de novembro, os alumnos de 1º e 2º da ESO visitaron o teatro Afundación en Vigo para participar nunha sesión de cine submarino correspondente ao 26 aniversario da semana de cine submarino de Vigo.

 Asistimos ao documental “O Choco: baixo as ondas da enseada de San Simón”, unha curtametraxe de 18 minutos para amosar a vida do choco baixo as augas da  nosa enseada. Sorprendeunos o comportamento e as estratexias que utilizan para defenderse, reproducirse ou depredar.

   No segundo documental titulado “Espello líquido”  os alumnos puideron aproveitar para aprender algo máis dos fondos mariños dunha forma diferente a como están acostumados na aula, a través de pequenas historias duns seres únicos que souberon adaptarse a un mundo hostil. Achegar este coñecemento fainos entender e valorar os ciclos naturais, dándolle sentido ao compromiso co desenvolvemento sostible.

Ver más imágenes

También te puede interesar

ESPALLAR TINTA 3º E 4º ED. PRIMARIA 2026
Ver más imágenes O alumnado de 3° e 4° de Primaria participou un ano máis na IV edición de Espallar Tinta. Pasamos unha mañá movida,…
Leer Más
EXPLORANDO MOAÑA
Ver más imagenes Explorando Moaña! Hoxe o noso alumnado de infantil gozou dunha fermosa saída para descubrir a contorna de Moaña e a ría de…
Leer Más
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 de marzo – Día Internacional da Muller No noso centro celebramos o 8M cunha actividade a nivel de todo o colexio, enchendo os corredores…
Leer Más
ALUMNADO DE 3º E 4º VISITAN CONXEMAR
Ver más imágenes Ver vídeo  Os cursos de 3° e 4° de Primaria gozaron dunha didáctica e espectacular visita ás instalacións de Conxemar, asociación de…
Leer Más
VISITA PARQUE DE BOMBEIROS VIGO 1º E 2º ED. PRIMARIA
Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita moi especial ao Parque de Bombeiros de Teis  Alí puidemos coñecer de…
Leer Más