O pasado día 1 de xuño tivo lugar o tradicional Festival escolar do noso Centro. Este ano lembramos a chegada do home á Lúa e por ese motivo quixemos facer unha homenaxe a este feito tan importante para a historia da humanidade, sendo o motivo principal do noso decorado e ambientando todo o evento. Polo escenario desfilaron todos os cursos desde Infantil ata cuarto da ESO facendo ao espectador partícipe de números realmente marabillosos que amosan todo o traballo que hai detrás pero sobre todo a boa calidade artística do noso alumnado.
3 junio, 2019






