Un ano máis o centro foi invitado a participar como xuíces na sección Andaina dentro do Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade Funcional. Os nosos alumnos tiveron que elixir a que máis lles gustou entre as catro curtas que miraron, todas elas relacionadas coa diversidade funcional.
Logo das curtametraxes veu o momento da charla con Discamino. DisCamino fundouse para lograr que calquera persoa discapacitada poida gozar de todo o que a peregrinación ofrece a calquera outro peregrino do Camiño de Santiago.
Javier Pitillas Torra é a alma e o motor de DisCamino. Para el, DisCamino é exercicio para o corpo e alimento para a alma. Pero non veu só, con el estaban Xerardo, Antonio, Javi e Ana Soage, esta última 12 veces campioa de España de slalom en cadeira de rodas, entre todos déronnos máis que unha lección de vida.
Moitas grazas por compartila con nós.






