NAVEGANDO CO CLUB DE REMO DE CHAPELA

18 junio, 2019

Despois da visita ao Club o mes pasado e a boa disposición dos alumnos de 2º da ESO, o pasado martes organizamos unha nova saída ao Club de Remo de Chapela para poder probar en directo a sensación de navegar.

Os alumnos estaban moi nerviosos por vivir a experiencia aínda que as condicións meteorolóxicas non foron de todo boas, xa que sopraba vento do norte, pasárono moi ben e descubriron a diferencia de remar no foso a ter que facelo no mar coas ondas e remando a un tempo, o cal ao principio resultou máis complicado do que crían.

Tivemos a sorte de contar con dúas boas patroas, Marta e Aroa que fixeron todo o posible porque a experiencia fora un éxito.

 

Ver más imágenes

También te puede interesar

ESPALLAR TINTA 3º E 4º ED. PRIMARIA 2026
Ver más imágenes O alumnado de 3° e 4° de Primaria participou un ano máis na IV edición de Espallar Tinta. Pasamos unha mañá movida,…
Leer Más
EXPLORANDO MOAÑA
Ver más imagenes Explorando Moaña! Hoxe o noso alumnado de infantil gozou dunha fermosa saída para descubrir a contorna de Moaña e a ría de…
Leer Más
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 de marzo – Día Internacional da Muller No noso centro celebramos o 8M cunha actividade a nivel de todo o colexio, enchendo os corredores…
Leer Más
ALUMNADO DE 3º E 4º VISITAN CONXEMAR
Ver más imágenes Ver vídeo  Os cursos de 3° e 4° de Primaria gozaron dunha didáctica e espectacular visita ás instalacións de Conxemar, asociación de…
Leer Más
VISITA PARQUE DE BOMBEIROS VIGO 1º E 2º ED. PRIMARIA
Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita moi especial ao Parque de Bombeiros de Teis  Alí puidemos coñecer de…
Leer Más