Hoxe, unha vez máis, o Concello de Redondela celebrou o Pleno Xuvenil no que os colexios e institutos da vila expoñen as súas propostas. En representación do Colegio Vigo participaron Daniela Pascual e Guillermo García de 1° da ESO. Fixéronno moi ben e pediron á alcaldesa todas aquelas propostas que xurdiron previamente na clase. Trátase dunha iniciativa moi importante para acercar ao alumnado ás institucións e coñecer as dinámicas dos plenos municipais.
13 abril, 2023






