O pasado venres, 15 de marzo, os alumnos de 4º da ESO e 1º de BACHARELATO, tiveron a ocasión de asistir á representación da obra en inglés The Canterville Ghost, no teatro Salesianos de Vigo.
A obra resultou ser unha entretida adaptación musical con tintes tanto góticos como cómicos, mais tamén con baile e coreografía que fixeron as delicias dos alumnos, os cales seguiron con atención a representación e gozaron do espectáculo en todo momento, entendendo ben o argumento da obra.
A opinión final sobre a representación por parte dos asistentes foi positiva, valorando especialmente os actores e actrices, a coreografía e a música.
Ao remate da obra tivo lugar un coloquio en inglés entre os actores e o público asistente.
Esta experiencia tivo o dobre valor de motivalos na aprendizaxe do inglés e fomentar o interese por esta actividade cultural.






