ROSALÍA NUNHA VERBA

23 febrero, 2026

Rosalía nunha verba
Con motivo do 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, no noso centro quixemos renderlle unha pequena homenaxe a unha das figuras máis representativas da nosa literatura e da nosa identidade.
Baixo o título Rosalía nunha verba, cada curso reflexionou sobre o que Rosalía significa para nós hoxe. O reto era definila nunha soa palabra: unha palabra que resumise a súa voz, a súa forza, o seu compromiso, a súa sensibilidade e a súa pegada na nosa cultura.
Escribimos esa verba no interior dunha camelia, flor fondamente vinculada á súa imaxe e símbolo que nos evoca a delicadeza, a resistencia e a beleza da súa obra. Todas as camelias, xuntas, conformaron un mural colectivo creando unha composición chea de significado.
A través desta actividade non só lembramos a Rosalía, senón que reafirmamos o valor da nosa lingua, da nosa cultura e da palabra como ferramenta de expresión e identidade.
Porque Rosalía segue viva en cada verso, en cada lembranza e, sobre todo, en cada verba.

También te puede interesar

ESPALLAR TINTA 3º E 4º ED. PRIMARIA 2026
Ver más imágenes O alumnado de 3° e 4° de Primaria participou un ano máis na IV edición de Espallar Tinta. Pasamos unha mañá movida,…
Leer Más
EXPLORANDO MOAÑA
Ver más imagenes Explorando Moaña! Hoxe o noso alumnado de infantil gozou dunha fermosa saída para descubrir a contorna de Moaña e a ría de…
Leer Más
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 de marzo – Día Internacional da Muller No noso centro celebramos o 8M cunha actividade a nivel de todo o colexio, enchendo os corredores…
Leer Más
ALUMNADO DE 3º E 4º VISITAN CONXEMAR
Ver más imágenes Ver vídeo  Os cursos de 3° e 4° de Primaria gozaron dunha didáctica e espectacular visita ás instalacións de Conxemar, asociación de…
Leer Más
VISITA PARQUE DE BOMBEIROS VIGO 1º E 2º ED. PRIMARIA
Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita moi especial ao Parque de Bombeiros de Teis  Alí puidemos coñecer de…
Leer Más