Hoxe tocounos visitar as instalacións do club en Chapela, Xabi e Cris foron os encargados de facernos pasar unha tarde deportivamente moi entretida.
Despois de ver as embarcacións e facer unha sesión de quecemento, pasaron ao ximnasio onde aprenderon un pouquiño máis da práctica do remo, tanto nas máquinas do ximnasio, no ergómetro, como no foso, onde experimentaron a sensación de estar mesmamente nunha trainera.
As chicas demostraron disciplina e esforzo, e os chicos aportaron a súa simpatía e gañas de facelo ben.
Aínda que a situación meteorolóxica era moi boa, o mar non estaba nunhas condicións óptimas para practicar cos nosos aprendices así que optamos por deixarlles que se deran un mergullo na rampla de embarque. Gozaron moito, e mesmo algúns deles irán probar nos cursos de verán.






