Os alumnos de 1° e 2° da ESO visitaron os museos de A Coruña con motivo da semana das ciencias.
O Acuario, a Domus e a Casa das Ciencias coa visita tamén ao Planetario.
Gozamos moito dos peixes e de coñecer a Gastón o tabeirón que ten xa 29 anos no Acuario da cidade. E na Casa das Ciencias asistimos ao nacemento dun polo que fixo as delicias do alumnado, ademais de poñer en práctica aspectos traballados na clase de física.
Algúns pedían quedar máis tempo, así que animamos aos pais que repitan a visita con eles.
20 noviembre, 2025






