VISITA DIDÁCTICA AO SCRIPTORIUM MEDIEVAL

13 diciembre, 2017
Os días 28 de Novembro  e 1 de Decembro os cursos de1°e 2 °  da ESO  visitaron o Scriptorium de Redondela. A saída tiña como obxectivo acudir a un obradoiro de caligrafía medieval. O obradoiro,  baixo o título  “Scriptorium. O mestre dos códices”, mostroulles cal era o proceso de elaboración dun manuscrito na Idade Media ao alumnado.  Ademais de dar a coñecer o laborioso proceso de escritura manuscrita e iluminación dun pergamiño, o obradoiro acompáñase dunha exposición explicativa. Un xeito diferente de aproximarse ao Pergamiño Vindel, que visitaremos no mes de xaneiro.
          Foi unha visita moi interesante que mantivo a todos os alumnos atentos e unha experiencia moi positiva, xa que todos participaron preguntando ou respondendo ás cuestións que se lles plantexaron, e transformáronse en monxes medievais escribindo o seu propio pergamiño que decoraron cunha letra capital.  Levaron de agasallo cadanseu diploma de copistas.

Ver más imágenes

También te puede interesar

ESPALLAR TINTA 3º E 4º ED. PRIMARIA 2026
Ver más imágenes O alumnado de 3° e 4° de Primaria participou un ano máis na IV edición de Espallar Tinta. Pasamos unha mañá movida,…
Leer Más
EXPLORANDO MOAÑA
Ver más imagenes Explorando Moaña! Hoxe o noso alumnado de infantil gozou dunha fermosa saída para descubrir a contorna de Moaña e a ría de…
Leer Más
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 de marzo – Día Internacional da Muller No noso centro celebramos o 8M cunha actividade a nivel de todo o colexio, enchendo os corredores…
Leer Más
ALUMNADO DE 3º E 4º VISITAN CONXEMAR
Ver más imágenes Ver vídeo  Os cursos de 3° e 4° de Primaria gozaron dunha didáctica e espectacular visita ás instalacións de Conxemar, asociación de…
Leer Más
VISITA PARQUE DE BOMBEIROS VIGO 1º E 2º ED. PRIMARIA
Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita moi especial ao Parque de Bombeiros de Teis  Alí puidemos coñecer de…
Leer Más