PATIOS DINÁMICOS NO COLEGIO VIGO

20 febrero, 2019

PATIOS DINÁMICOS NO COLEGIO VIGO

Alumnado e profesorado do Colexio Vigo participan dende a primeira semana do mes de febreiro no programa Patios Dinámicos. Esta iniciativa, creada por Gey Lagar formadora deste equipo de profesores, consiste en que, polo menos, un día á semana o patio do recreo do centro sexa diferente; o alumnado e docentes son os mesmos pero a dinámica e organización  do xogo muda. É así como os mércores, os rapaces e rapazas, desde Infantil ata segundo curso da ESO, organizados en grupos polo patio e dirixidos por un Coordinador de Xogo, que vai variando ao longo das semanas, poden escoller voluntariamente entre diferentes e divertidos tipos de xogo facendo do tempo de recreo un momento divertido, onde todos os nenos e nenas teñen cabida.

A finalidade única que se busca coa posta en marcha deste proxecto é conseguir que o alumnado goce do tempo de ocio promovendo a inclusión daquel alumnado que polo motivo que sexa lle custe máis xogar, aumentando así a socialización a través do xogo. O obxectivo non é o xogo correcto, se non o xogo polo xogo, a ilusión de gozar dun momento compartido.

Trátase en fin dun programa inclusivo mediante  o cal os nenos e nenas en xeral, sexa cal sexa a súa condición persoal, aprendan a xogar xuntos, a respectar a diversidade, a ser quen de resolver os conflitos que poidan xurdir mediante xestores de xogo (serán os mesmos alumnos e alumnas), previr o acoso escolar e en definitiva pasar un rato divertido todos xuntos.

 

Ver más imágenes

También te puede interesar

ESPALLAR TINTA 3º E 4º ED. PRIMARIA 2026
Ver más imágenes O alumnado de 3° e 4° de Primaria participou un ano máis na IV edición de Espallar Tinta. Pasamos unha mañá movida,…
Leer Más
EXPLORANDO MOAÑA
Ver más imagenes Explorando Moaña! Hoxe o noso alumnado de infantil gozou dunha fermosa saída para descubrir a contorna de Moaña e a ría de…
Leer Más
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 de marzo – Día Internacional da Muller No noso centro celebramos o 8M cunha actividade a nivel de todo o colexio, enchendo os corredores…
Leer Más
ALUMNADO DE 3º E 4º VISITAN CONXEMAR
Ver más imágenes Ver vídeo  Os cursos de 3° e 4° de Primaria gozaron dunha didáctica e espectacular visita ás instalacións de Conxemar, asociación de…
Leer Más
VISITA PARQUE DE BOMBEIROS VIGO 1º E 2º ED. PRIMARIA
Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita moi especial ao Parque de Bombeiros de Teis  Alí puidemos coñecer de…
Leer Más