O pasado venres 15 de febreiro o noso alumnado de primeiro e segundo de Primaria tivo unha cita interesante no Museo do Mar en Vigo. Os rapaces e rapazas entederon a importancia de manter limpas as praias e convertéronse en rescatadores de lixo do mar. Como o fixeron tan ben, foron dar un paseo polo acuario e quedaron sorprendidos das curiosidades das nosas especies mariñas.
20 febrero, 2019






