DÍA DO LIBRO

29 abril, 2019

El Principito, obra maestra de Exupèry, homanxeada no Colegio Vigo na Semana do Libro.

O pasado día 26 de abril co gallo da celebración da Semana do Libro o Colegio Vigo fixo unha homenaxe a Antoine de Saint- Exupèry investigando e recreando pasaxes da obra máis famosa do autor, “El Principito”. Xornada interesante e entretida para docentes e alumnado pois despois de varias semanas traballando en cada aula  un personaxe do libro, o venres xuntámonos todos no Salón de actos para celebrar o evento e expoñer o que cada curso tiña preparado.

En primeiro lugar, en distintos idiomas, un grupo de rapaces e rapazas de Bacharelato, ESO e Ciclos deron  información sobre o autor ao auditorio e despois cada curso presentou os personaxes máis salientables do relato, escollendo unha frase representativa do capítulo onde aparecían. Deste xeito foron desfilando polo escenario distintos debuxos que decoraban un precioso cartel do Principiño, desde o protagonista, pasando pola rosa, o aviador, a serpe, o negociante, o xeógrafo o faroleiro e o raposo.

Finalmente rematou o acto co visionado dun bonito vídeo que recollía o resumo da actividade deste días pasados onde o alumnado preparaba os seus debuxos e frases seleccionadas desta gran obra da literatura universal.

As actividades realizadas durante a Semana do Libro estiveron estreitamente relacionadas coa visita que varios grupos de Primaria fixeron ao Auditorio da Xunqueira en Redondela onde tiveron oportunidade de contemplar a interesante colección privada do escritor Carlos Casares de máis de 100 exemplares da obra traducidas a diversas linguas e dialectos do mundo. Esta exposición titulada “O Principiño ao redor do mundo”,  organizada polas Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística e a Fundación Filomena Rivera Alonso tivo moitísima aceptación no noso alumnado que quedou marabillado ao ver a obra na que eles estiveran traballando traducida a tantos idiomas.

Ver más imágenes

También te puede interesar

ESPALLAR TINTA 3º E 4º ED. PRIMARIA 2026
Ver más imágenes O alumnado de 3° e 4° de Primaria participou un ano máis na IV edición de Espallar Tinta. Pasamos unha mañá movida,…
Leer Más
EXPLORANDO MOAÑA
Ver más imagenes Explorando Moaña! Hoxe o noso alumnado de infantil gozou dunha fermosa saída para descubrir a contorna de Moaña e a ría de…
Leer Más
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 de marzo – Día Internacional da Muller No noso centro celebramos o 8M cunha actividade a nivel de todo o colexio, enchendo os corredores…
Leer Más
ALUMNADO DE 3º E 4º VISITAN CONXEMAR
Ver más imágenes Ver vídeo  Os cursos de 3° e 4° de Primaria gozaron dunha didáctica e espectacular visita ás instalacións de Conxemar, asociación de…
Leer Más
VISITA PARQUE DE BOMBEIROS VIGO 1º E 2º ED. PRIMARIA
Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria realizou unha visita moi especial ao Parque de Bombeiros de Teis  Alí puidemos coñecer de…
Leer Más