O pasado luns 7 de febreiro os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato tiveron unha charla cunha representante da Universidad Alfonso X el Sabio de Madrid. Foi unha conferencia moi interesante para coñecer as diferentes carreiras universitarias e Ciclos Superiores aos que poden acceder unha vez finalizado o curso de Bacharelato. Realizaron moitas preguntas e a charla animounos a esforzarse neste tramo final para acadar os seus obxectivos académicos.
8 febrero, 2023






