O luns 6 de febreiro visitamos a casa dos nosos compañeiros Hugo e Martín Troncoso e xunto co seu pai, Marcos, fixeron unha demostración de cetrería. Xa foramos o ano pasado pero non pudiéramos ver voar as aves, e este ano gozamos dunha magnífica exhibición de voo das aves que posúen: un cernícalo, unha aguia Harris, un azor e un bufo real.
Fomos recibidos con moito agarimo pola familia. Esperamos volver.
8 febrero, 2023






