DÍAS DAS LETRAS GALEGAS
Celebremos o Día das nosas letras, hoxe e sempre, afastados pero máis xuntos ca nunca, dun xeito excepcional, mirando cara ao futuro e lembrando sempre o noso pasado.
Día das Letras Galegas a través do mundo dixital
Debido a crise do coronavirus, a Real Academia Galega decidiu pospoñer todos os actos relacionados con esta data e a figura do homenaxeado ata despois do verán.
Doutra banda e a pesar deste cambio, a RAG quere que o 17 de maio siga sendo un día de celebración en Galicia facendo un chamamento a toda a cidadanía galega para que a través do mundo dixital coñezamos a figura e obra do homenaxeado.
Aquí deixámosvos a ligazón.
REAL ACADEMIA GALEGA PINCHA AQUÍ






